segunda-feira, 25 de julho de 2011

Bolsas para estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia para o curso académico 2011-2012

Orde da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia e a convocatoria para o curso académico 2011-2012.
Entidade convocante: Secretaría Xeral da Emigración
Estado: Procedemento Aberto
Destinatarios/as: 
Os e as emigrantes galegos e galegas residentes no exterior, e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade de emigrantes nados ou que residisen un mínimo de dez anos en Galicia, así como solicitantes de prórroga de bolsas concedidas en convocatorias anteriores.
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de bolsas de nova adxudicación ou a súa prórroga, para a realización de estudos presenciais universitarios, de intercambios universitarios ou estudos de formación profesional de carácter oficial en centros públicos ou privados de Galicia a través dos seguintes programas:

Programa 1. Bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

Programa 2. Bolsas para a realización de estudos conducentes á obtención do título de máster universitario.

Programa 3. Bolsas de intercambio para a realización de ensinanzas universitarias en calquera das tres universidades de Galicia que teñan asinados convenios con universidades de países extracomunitarios.
NOTA para os Programas 1, 2 e 3: Cada bolsa concedida dentro dos Programas 1, 2 e 3 (estudos universitarios, máster universitario e intercambio) estará integrada polos seguintes conceptos:
-Unha axuda máxima de 6.000 €, destinada a sufragar os gastos académicos derivados dos seus estudos, da estadía e manutención. No caso de axudas para o programa 3 de intercambio, na modalidade dun cuadrimestre (ata 6 meses), a contía máxima será de 4.000 €, para os mesmos conceptos.
No caso dos solicitantes que opten a unha bolsa de nova adxudicación ou intercambio e acrediten residencia no estranxeiro, unha axuda destinada a sufragar os gastos derivados da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia do beneficiario no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia:
-Estudantes residentes en países europeos: 350 €.
-Estudantes residentes no resto de países: 1.000 €.
Programa 4. Bolsas para a realización de estudos de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos, centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.
NOTA para o programa 4: Cada bolsa concedida dentro do Programa 4 (realización de ciclos superiores de formación profesional) estará integrada polos seguintes conceptos:
-Unha axuda máxima de 5.000 €, destinada a sufragar os gastos académicos derivados dos seus estudos, da estadía e manutención.
No caso dos solicitantes que acrediten residencia no estranxeiro, unha axuda destinada a sufragar os gastos derivados da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia do beneficiario no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia:
-Estudantes residentes en países europeos: 350 €.
-Estudantes residentes no resto de países: 1.000 €.
Estas bolsas terán como finalidade axudar a sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos (incluídas as taxas académicas correspondentes aos estudos elixidos), da estadía, manutención e da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:
1. Residencia no estranxeiro do solicitante da bolsa.
2. No caso de solicitar unha prórroga da bolsa concedida na última convocatoria, o solicitante deberá acreditar a residencia da súa unidade económica familiar no estranxeiro e ter superados o 75% das materias ou créditos en que estivo matriculado no curso anterior para o cal se lle concedeu a axuda, incluíndo o proxecto fin de carreira. Tamén se considerará como prórroga da bolsa aquelas solicitadas para a continuación dos estudos que deran lugar a unha anterior concesión, sempre e cando se superase o 75% dos créditos en que estivo matriculado no ano da concesión.
3. Estar admitido para cursar estudos presenciais conducentes á obtención dun título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico durante o curso que se inicia no ano da convocatoria, na Universidade de Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo. Os beneficiarios das bolsas deberán estar matriculados en, como mínimo, 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira. En ningún caso entrarán a formar parte dos mínimos a que se refire o punto anterior, créditos correspondentes a distintas especialidades.

Documentación a presentar
Para todos os solicitantes:
a) Para os solicitantes que posúan a nacionalidade española e estean en posesión do documento nacional de identidade, autorización expresa á Secretaría Xeral da Emigración para a verificación dos datos de identidade. Para o resto, pasaporte en vigor ou doutro documento acreditativo da identidade e nacionalidade do solicitante.
b) Documentación xustificativa que acredite a súa condición de galego ou ascendencia galega e o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria. Os solicitantes que fosen beneficiarios do programa de bolsas en anteriores convocatorias e soliciten a prórroga non terán que presentar esta documentación.
c) Acreditación da residencia no estranxeiro do solicitante da bolsa mediante o correspondente certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular correspondente á demarcación en que teña o seu domicilio. No caso de non posuír a nacionalidade española, o solicitante deberá achegar a documentación oficial que acredite a súa residencia no estranxeiro.
As persoas que soliciten unha prórroga da bolsa concedida en convocatorias anteriores, deberán acreditar a residencia no estranxeiro da súa unidade económica familiar mediante a presentación dos correspondentes certificados de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.
Todas as certificacións presentadas deberán ser expedidas con data posterior á de publicación desta convocatoria.
d) Declaración de que o solicitante non ten concedidas, para os mesmos estudos para os que se solicita a bolsa, outras axudas ou subvencións das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo VI).
e) Declaración de non estar incurso o solicitante en prohibición para obter a condición de beneficiario de subvención (anexo VII).
f) Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social (anexo VIII).
g) Declaración do compromiso de utilización da lingua galega en todas as actividades para as cales se solicita a axuda, se é o caso (anexo IX).

Documentación a presentar polos solicitantes do Programa 1: bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional en calquera das tres universidades de Galicia:
1. Solicitude segundo o modelo normalizado (anexo II).
2. Documentación xustificativa da súa admisión nos estudos para os cales se solicita a bolsa, expedida pola universidade correspondente. No caso de solicitar unha prórroga da bolsa concedida en convocatorias anteriores, a documentación presentada deberá acreditar que o solicitante da bolsa ten superados o 75% dos créditos en que estivo matriculado no último curso ou, de ser o caso, no curso para o cal lle foi concedida.
3. Para as axudas de nova adxudicación, certificación académica que acredite os estudos realizados polo solicitante, en que figuren a duración, materias cursadas e cualificacións obtidas, así como a escala de notas aplicada polo centro onde se realizaron os estudos.

Documentación a presentar polos solicitantes do Programa 2: bolsas para a realización de estudos conducentes á obtención do título de máster universitario en calquera das tres universidades de Galicia:
1. Solicitude segundo o modelo normalizado (anexo III).
2. Documento acreditativo de estar admitido no curso obxecto da convocatoria nun dos máster universitarios autorizados pola Xunta de Galicia e impartidos en calquera das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, con indicación expresa dos créditos que se van realizar. No caso de solicitar unha prórroga da bolsa concedida en convocatorias anteriores, a documentación presentada deberá acreditar a continuidade nos estudos realizados, e ter superados o 75% dos créditos en que estivo matriculado no curso en que obtivo a bolsa ou, de ser o caso, o título oficial obtido.
3. Para as solicitudes de nova adxudicación, certificación académica que acredite os estudos universitarios realizados polo solicitante, en que figure a duración, materias cursadas e cualificacións obtidas, así como a escala de notas aplicada polo centro onde se realizaron os estudos.

Documentación a presentar polos solicitantes do Programa 3: bolsas de intercambio para a realización de ensinanzas universitarias en calquera das tres universidades de Galicia que teñan asinados convenios con universidades de países extracomunitarios:
1. Solicitude segundo o modelo normalizado (anexo IV).
2. Documentación xustificativa da súa admisión nos estudos para os cales se solicita a bolsa, expedida pola universidade do Sistema Universitario de Galicia correspondente.
3. Certificación académica que acredite os estudos realizados polo solicitante, en que figuren a duración, materias cursadas e cualificacións obtidas, así como a escala de notas aplicada polo centro onde se realizaron os estudos.

Documentación a presentar polos solicitantes do Programa 4: bolsas para a realización de estudos de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos, centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas:
1. Solicitude segundo o modelo normalizado (anexo V).
2. Xustificante de solicitude de matrícula ou de estar matriculado para o curso que se inicia no ano da convocatoria nalgún centro docente público ou centro privado da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.
3. Certificación académica que acredite os estudos realizados polo solicitante, en que figuren a duración, materias cursadas e cualificacións obtidas, así como a escala de notas aplicada polo centro onde se realizaron os estudos.

NOTA: Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán aportarse copias compulsadas, agás que figure outra indicación.

Más información: http://www.galiciaaberta.com/linas_axuda/bolsas-para-estudos-universitarios-oficiais-intercambios-universitarios-e-estudos-de-for

Nenhum comentário:

Postar um comentário